A través de correo electrónico, Andrés Díaz informa de que o PSOE de Ponte Caldelas solicitou información sobre as liñas telefónicas das que dispón o Concello.
A partida orzamentaria destinada a este concepto ascende a 21.500 euros. Segundo informou o Alcalde en resposta á solicitude de Andrés Diaz, as liñas de titularidade municipal son 14 distribuidas da seguinte maneira:
-3 liñas na centralita do concello
-6 liñas en servicio de obras, auga, saneamento, averías, motobomba…etc
-2 liñas Policia Local
-1 liña no Centro Arqueolóxico
-1 liña o Tenente de Alcalde
-1 liña o Alcalde
Andrés Díaz considera que “nun concello de apenas 6.000 habitantes e cunha débeda viva de 2.005.079 euros, parecenos excesivo o numero de liñas telefónicas a conta do pobo, esixindo que se reduzcan o numero de liñas o mínimo imprescindible así como a partida orzamentaria destinada a este fin”.