Os próximos días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro celebraránse en Pazos, Ponte Caldelas, as festas na honra da Virxen do Rosario.
O programa das festas é o seguinte:
Venres 30 de setembro:
21:00 horas: haberá Teatro expresión Os Carballiños, subvencionado polo Plan Cultural da Deputación.
QueimadaDespois haberá Gran Discoteca Móvil, coas mellores gogos.
0:00 horas: Gran queimada gratis co rito do conxuro (colaboración 2 € recipiente).
1:00 horas: a partir da 1:00 horas en diante Gran Festa da Cerveza a 1€.
Sábado 1 de outubro:
13:00 horas: Misa solemne con pasacalles a cargo do grupo de gaitas AIRIÑOS DO MORRAZO (subvencionado polo plan cultural Concello de Ponte Caldelas).
Orquesta Ciudad Cristal17:00 horas: 4º campionato de dominó.
Gran Verbena amenizada pola Orquesta Ciudad Cristal e o Grupo Nievla.
Lucia Perez Eurovisión
Actuación de Lucía Pérez, de Eurovisión.
Lucía Pérez, natural de Lugo, representou a España no ano 2006 no Festival «Viña del Mar» coa canción «Qué haría contigo», coa que acadou a segunda posición.
No 2009 participou por segunda vez no festival chileno con «Este amor es tuyo». Ademáis, grabou catro discos de estudio, o último deles interpretado íntegramente en galego.
No ano 2011 representou a España en Eurovisión no festival que tivo lugar en Düsseldorf (Almenia), coa canción «Que me quiten lo bailao».
Despois da actuación de Lucía Pérez, haberá Discoteca Móvil para remata-la festa.